AMariñaXa
David Mariño gaña o XII Concurso de Fotografía Medioambiental de Xove
A imaxe "Entre as rocas de Morás" acadou o primeiro posto nun certame que repartiu cinco premios e que celebrará a entrega de galardóns o 17 de novembro
Alfoz programa actividades durante novembro para visibilizar a loita contra a violencia machista
A programación inclúe unha charla sobre violencia sexual para o alumnado de Secundaria e un encontro coa escritora Iria Collazo arredor da identidade feminina e a invisibilidade das mulleres
O Vicedo organiza un obradoiro de expresión corporal impartido por Xoán Curiel
A actividade celebrarase este sábado 14 de novembro na Casa da Cultura e estará dirixida principalmente a persoas adultas interesadas en explorar as súas capacidades expresivas
Cervo inviste máis de 554.000 euros na renovación das beirarrúas da avenida da Mariña
A intervención abrangue uns 2.714 metros cadrados e inclúe a renovación do saneamento, actuacións nas redes de abastecemento e iluminación e melloras na accesibilidade
Ribadeo inicia a renovación da ordenanza do servizo de taxis, vixente desde 1970
A proposta municipal, aprobada inicialmente por unanimidade, busca garantir un servizo de calidade as 24 horas, tamén en festivos e períodos vacacionais
Trabada ofrece unha formación gratuíta para aprender técnicas básicas de reanimación
A sesión impartirase na Casa da Cultura e estará aberta á veciñanza, que deberá inscribirse previamente porque as prazas son limitadas
Saldoira organizará un curso gratuíto de restauración de mobles a partir do 23 de novembro
As sesións desenvolveranse os luns pola tarde no Centro Social Blanca Muruaís e as persoas participantes só terán que aboar o custo dos materiais
Cervo inviste preto de 50.000 euros na renovación do Centro de Día e Residencia
Os traballos céntranse na planta superior e inclúen a renovación dos pavimentos, portas e acabados interiores para mellorar a comodidade e a accesibilidade
O Vicedo tramita unha modificación de crédito de máis de 382.000 euros para executar obras
O pleno tamén deu conta da renuncia do concelleiro do PP Balbino Trasancos por motivos de saúde, que será substituído por José Dovale Liz
GaliciaXa
'Semente de dramón', das compañías Ancoraxe e Morraoconto, gaña o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
A obra contará con un mínimo de 40 representacións nas cidades e vilas galegas grazas á colaboración do CDG, concellos e Deputacións
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presentará en Intur, por primeira vez, os recursos turísticos da provincia
Viveiro acolle a proxección de 'Crónicas dun non', un documental sobre o movemento da insubmisión
A película de Fernando Rodríguez Gómez, coñecido como Peñaño, repasará a loita contra o servizo militar obrigatorio e contará coa participación do director nun coloquio posterior
O BNG propón crear a Ruta das Pontes Medievais para descubrir o patrimonio do río Grande en Ribadeo
A iniciativa busca conectar estes dous elementos patrimoniais entre As Anzas, Santalla e Reme, mellorar os accesos e recuperar a aplicación RibadeoXNatural para impulsar o turismo sostible
Manuel Álvarez Prieto prepara unha nova exposición en Burela aos 91 anos
O xornalista, escritor e crítico de arte, que está a piques de cumprir 92 anos, continúa promovendo iniciativas culturais coa exposición que se poderá visitar na Casa da Cultura do 18 de novembro ao 11 de decembro
GaliciaXa
Olalla Rodil chama a secundar a folga xeral do 11N contra a carestía da vida e a precariedade
A candidata do BNG ao Congreso por Lugo apoia a mobilización convocada pola CIG e reclama un plan de choque para facer fronte ás dificultades de acceso á vivenda e á perda de poder adquisitivo
A V Ruta BTT Augas Santas percorrerá Barreiros con dous itinerarios de 38 e 28 quilómetros
A marcha partirá ás 9.30 horas da pista de pádel de San Miguel de Reinante e ofrecerá unha opción longa de 38 quilómetros e outra curta de 28
Ribadeo organiza un magosto solidario con Preto de Ti e a Asociación Fraternidad
A Praza de Abastos acollerá unha tarde de música, xogos populares, baile e venda solidaria de castañas para recadar fondos a favor da entidade
144 escolares de sete colexios compartirán escenario coa Banda O Landro no concerto "Os soños na gaiola"
O concerto de Santa Icía, con poemas de Manuel María musicados por Antón Alcalde e Suso Vaamonde, ofrecerá dúas funcións o 21 de novembro no Teatro Pastor Díaz
Eventos
O CEIP Vista Alegre de Burela enche o curso de actividades, aprendizaxes e convivencia
A ANPA destaca o traballo conxunto da comunidade escolar nun programa que inclúe iniciativas de igualdade, obradoiros, visitas ao rural e propostas culturais
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Espírito indomable
Ourol acollerá un encontro sobre os retos e as oportunidades da migración no rural
A iniciativa, organizada por Ecos do Sur e a Fundación "la Caixa", reunirá representantes das administracións, entidades sociais e tecido empresarial no edificio Multiúsos
Barreiros e Burela achegarán en novembro a historia de Prisciliano e a súa relación coa Gallaecia
A Deputación de Lugo impulsa a difusión do documental "Prisciliano e a Gallaecia" con sesións divulgativas e novos contidos sobre o bispo
Burela deseña a súa programación do 25N centrada na educación e a implicación veciñal contra a violencia machista
A proposta inclúe unha andaina o día 22, actividades nos centros educativos e un acto central o 25 de novembro coa lectura do manifesto institucional
Celeiro reúne ao sector pesqueiro para esixir unha reforma real da política europea e reclamar máis unidade de cara ao futuro
As XXX Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro reuniron durante tres días a representantes institucionais, empresarios, científicos e profesionais do mar, que coincidiron en sinalar a necesidade de revisar a normativa europea e de actuar de forma conxunta ante os retos que afronta a actividade
GaliciaXa
Galicia retoma mañá a extracción de centola e boi tras o período de veda
A actividade retómase na maior parte do litoral galego, aínda que na franxa entre Estaca de Bares e o río Eo a centola non se poderá capturar ata finais de mes
A Deputación de Lugo leva o porco celta ao festival Breason de Mondoñedo cunha cata dirixida á mocidade
Medio cento de persoas participou nunha degustación de petiscos elaborados con esta raza autóctona, maridados con cervexa, no arranque da segunda xornada do festival










