AMariñaXa
O BreaSon regresará a Mondoñedo o 7 de novembro cunha nova edición
A Asociación Xuvenil Xoldra confirma a celebración da cita e anuncia a primeira actuación dun programa que aínda incorporará máis artistas e actividades paralelas
Viveiro mellorará os accesos ao monte San Roque cun investimento de preto de 122.000 euros
A actuación renovará o firme, as redes de saneamento e abastecemento, a recollida de pluviais e diferentes elementos de seguridade e accesibilidade
AMariñaXa
A Pontenova pon en marcha un programa de actividades con baile, ioga, acuarela e zumba
A Asociación Musical Eco das Minas impulsa catro propostas que se desenvolverán en diferentes locais cedidos polo Concello
Ourol celebra dúas xornadas de cultura tradicional con obradoiros, foliadas e concertos
A programación desenvolverase entre o Edificio Multiúsos e a Praza do Concello con propostas arredor da memoria, a música e a cultura popular galega
GaliciaXa
Fallados os VII Premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo
Os premiados son os viños de Ribeira Sacra, torneiros de Xermade, Enfariñada de Trabada, Ruta Arqueolóxica e a Feira Indiana de Santaballa
GaliciaXa
A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga nas zonas do Lérez, do Anllóns e en Baiona e a estende a Ferrol e Zamáns
Tamén continúan en fase de prealerta as concas do río Tambre e ría de Muros e Noia; do río Grande (Camariñas); do río Mandeo e ría de Betanzos, e do río Landro e río Ouro
Foz estrea novos accesos ao instituto coa volta ás aulas
A reorganización establece sentido único, espazos reservados para os autobuses, novos pasos de peóns e prazas para deixar e recoller alumnado cun máximo de dez minutos
Foz dedica unha nova sesión do Ciclo Mestre Mateo ás curtametraxes de animación
‘Lucus’, ‘Nuno’, ‘O corpo de Cristo’ e ‘O mesmo’ poderán verse este domingo 13 de setembro, ás 18.30 horas, na Casa da Cultura
Últimos días para visitar en Foz a primeira exposición da Asociación Mauro Leivas
A mostra "Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras", que reúne 46 obras da última etapa do artista, poderá verse no CENIMA ata o 13 de setembro
Mondoñedo recuperará o espírito das tabernas cunha xornada de música e baile tradicional
A XIV Xuntanza de Cantos de Taberna celebrarase o 12 de setembro cun programa que inclúe sesión vermú, obradoiro de baile, actuacións polos locais da vila e unha foliada aberta
A UNED de Foz abrirá o novo curso cun roteiro para observar a berrea na Fraga Vella
A actividade celebrarase o 23 de setembro cun percorrido interpretativo de tres quilómetros guiado polo bombeiro forestal Pedro Rolle
Rebuldeira Teatro de Sarria leva o seu teatro por Galicia este outono con dúas obras
A compañía percorrerá sete localidades entre setembro e novembro con ‘Vermello’ e ‘A desconfianza’, que se estreará en Sarria o 20 de setembro
GaliciaXa
Galicia rexistrou o verán máis cálido desde o ano 1961 cunha temperatura media de 21,4 graos
Ángeles Vázquez indica que a temperatura media foi 2,3 graos superior ao período de referencia e, ademais, tanto as mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica
O CEIP Celso Currás estrea unha nova caldeira tralos problemas coa calefacción do pasado inverno
O PP de Trabada celebra que Educación substituíse o equipamento durante o verán e reclama ao Concello que actúe sobre portas, cristais e baños deteriorados
GaliciaXa
Quen xogará a partida das eleccións 2027 na Mariña lucense?
A nove meses das eleccións, algúns alcaldes e candidatos perfilan xa a continuidade, outros descartan repetir e boa parte dos partidos manteñen aínda abertas as súas decisións nunha comarca clave tamén para decidir o futuro da Deputación de Lugo
O Vicedo mellora camiños e actúa en 65 hectáreas para previr incendios
As actuacións chegan a diferentes parroquias do municipio e combinan a mellora da rede viaria con tratamentos mecanizados para reducir a biomasa e o risco de lumes forestais
Burela converterá A Marosa nun punto de encontro para o surf feminino e o longboard
O Iberdrola Surfing Day reunirá os días 12 e 13 de setembro deporte, formación, igualdade e sustentabilidade, coincidindo cunha proba da Liga FESurfing de Longboard e co Campionato Galego
Eventos
Cervo amplía ‘Brincos de Lecer’ con actividades para crianzas desde os dous anos
O programa incorpora ‘Brinquiños’ para nenos e nenas de 2 e 3 anos e mantén propostas como ‘Playing in English’, manualidades, técnicas de estudo e obradoiros de fin de semana
Comeza unha nova edición de Camiño Escena Norte 2026 en 6 comunidades do norte do Estado
Leva tres espectáculos galegos a nove concellos doutras comunidades e trae a Galicia 10 funcións co apoio da Xunta
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Arranca o curso escolar na provincia con 32.500 alumnos en Infantil e BAC
Villares destaca o reforzo do profesorado e das medidas de atención á diversidade, así como os avances na modernización dos centros educativos na apertura no CEIP Anexa de Lugo
Cervo abre as inscricións para unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais
A programación ofrece cinco modalidades para as crianzas e catro para adultos, con preferencia de acceso para as persoas empadroadas no municipio
Burela prepara unha experiencia para vivir a pesca artesanal desde o mar
O proxecto permitirá ao público embarcarse nun pesqueiro e achegarse ao traballo das tripulacións, ás artes de pesca e á cultura mariñeira da vila
Presentan o programa da Feira de Gando de Augaxosa que comparte celebración coas festas patronais
A inauguración terá lugar ás 9.30 horas e repartirá máis de 800 euros en premios para as gandeirías que presenten un maior número de animais
GaliciaXa
Medio cento de fillos e fillas do persoal da Deputación coñecen as instalacións provinciais
A presidenta recibiu no Pazo de San Marcos aos pequenos, de idades entre 1 e 17 anos, nunha xornada de portas abertas na que percorreron diferentes espazos da sede provincial










